Wednesday 24 de April de 2024

Juan Fariña presentará en Casa Charry O que foi, a súa nova novela


Algunhas personaxes recoñecidas do franquismo patrio (Carmen Polo, Pedro Barrié ou Arias Navarro) desfilan polo Portomarín de antes do asolagamento en O que foi, a nova novela de Juan Fariña, escritor e concelleiro en Bergondo. O acto de presentación en Oleiros será o vindeiro xoves 2 de febreiro na Casa Charry, ás 19 horas. Con esta obra Fariña volve á narrativa tras As cartas de Abel, na que explora a historia galega e española dos últimos 80 anos.